O termo Wiki emprégase para identificar un tipo de documento de hipertexto utilizado na web, o programa usado nestes documentos e os sitios web construídos mediante eles. wiki wiki significa "rápido" en hawaiano. Chamado wiki para acurtar, o software colaborativo permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo e permite que o contido non teña que ser revisado antes da súa publicación. O meirande WikiWiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.
O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".
O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
No hay comentarios:
Publicar un comentario